Dentro dos Plans Proxecta da Xunta de Galicia, no noso centro estamos a traballar co tema: "O sabor da aventura está no mar", o cal ten como obxectivo fomentar a alimentación saudable, centrándonos concretamente no consumo de peixes.
Hoxe recibimos na escola a visita do pescador Luís, a cociñeira Mariña e da científica, que viñeron a presentarnos a pandilla dos Arroases. Quenes son eles?.
Cada un deles ten un super poder que consegue grazas a comer peixe. Podedes encontrar máis información no libriño que levaron os peques para casa. Tamén podedes acceder á páxina web, onde encontraredes información sobre Os Arroases, xogos e receitas de cocina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario